Páxinas

mércores, 21 de setembro de 2011

Adeus verán



Na foto retrato un cacho de uva Loureiro que xa non existe como tal , estruchado e fervendo para facer viño .

Non sei a ti pero para min o verán remata cando remata a vendima, empeza o cole e empezan as festas de Vilaguindastre. Tamén agora as tardiñas son frescas e hai que pór pantalóns longos e mangas longas.

Outro feito máis: queda pouco para o aniversario de Leo !.

3 comentarios:

  1. Teremos que despedir o verán para que o viño madure. De paso tamén imos madurando nos, que o tempo corre como se non tivera outra cousa que facer...

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Eu non che sei. Aínda que vai refrescando, semella que o verán coa súa seca se aferra á terra e non quere marchar...

    Leo... Un ano máis. Ese si que corre cara a mocidade!

    ResponderEliminar
  3. para min o verán remata cando empezo a sentir as sombras longas, a luz máis dourada... inda que faga calor eu percibo nos aromas a chegada do outono.
    hai moitos anos que me pasa iso...

    pero setembro e outubro son uns meses preciosos, a natureza e xenrosa antes de retirarse a coller forzas no inverno.
    [ din que para as persoas é igual... ese canto do cisne antes de chegar ao inverno da morte... podemos disfrutar tamén dun outono dourado, sin as ansiedades propias da xuventude. -ou iso me gusta pensar- ]

    xa felicitarei ó leo cando nos poñas a foto da tarta [que xa explicarás de que é]

    ResponderEliminar

És humano ti ?