Páxinas

xoves, 15 de setembro de 2011

Inicio do cole



O Leo empezou o cole o luns pasado. O pobriño pensaba que lle ían tirar o cole novo do ano pasado e ían facer outro porque coincidiu que todos os cursos cambiou de edificio pero, claro,non foi así. O que si cambiou foi a profe que xa non é unha chica cun tríscele no colgante e que fala galego. Pero este non foi o único cambio. O ano pasado ninguén nos dixo que ía ter relixión e levamos unha sorpresa no Nadal cando o Leo quería buscar a Herodes que mata aos nenos por todos os Nacementos. Podemos pasar iso, vale; que non nos avisen de que hai opcións arelixión e que lle metan cousas extrañas na chencha ao neno. Que o libro de relixión sexa o único en castelán, vale, tampouco é problema para nós. O que si non se pode pasar é pagar por un libro que ensine cousas como a da imaxe: o pai e o neno a xogaren e a nai a varrer. Este ano o Leo vai dar alternativa e a ver que sae de aí.

7 comentarios:

  1. Pois é a mellor das alternativas! Unha cousa que non sexa aprender a comulgar con rodas de muíño!
    Ai! Que duro se fai o inicio de curso! Se non fose polas crianzas, coma Leo...

    ResponderEliminar
  2. É assim mesmo!
    Nós é que somos os educadores!

    ResponderEliminar
  3. Acho que fazem bem. Antes dos professores estão os pais e depois deles também.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  4. Eva G. Rei16/09/11, 08:53

    Boa opción, e iso que cho digo eu.
    Aínda así tampouco hai que preocuparse tanto por esas cousiñas, que nós reparamos en máis cousas que os nenos a esas idades. E tendo na casa bos exemplos, non hai nada que temer.

    ResponderEliminar
  5. uich! escapouselle aos que revisan os contidos!

    ti es que tés mala idea... non ves que o pai era carpinteiro? non está a xogar!, está a traballar!
    papá carpintero
    mamá sus labores

    si es que así no se puede, con esta gente atea perdida que por enriba quiere hablar jallego.

    ResponderEliminar
  6. http://chuza.gl/story/inicio-do-cole

    ResponderEliminar
  7. Penso un pouco como Eva G. Rei; nós reparamos en máis cousas ca eles e tendo bos exemplos na casa...

    ResponderEliminar

És humano ti ?