Páxinas

domingo, 18 de setembro de 2011

Intento


Co inicio do curso hai que buscar algunha actividade extraescolar para Leo que lle guste. O asunto non é nada doado que o rapaz é tímido e cústalle socializar. Probamos a metelo nunha asociación de baile onde está un compañeiriño de clase pero non lle chistou a idea e iso que Naideleo o invitou a gominolas para que probase a bailar. Cando marchamos do local Naideleo díxolle: " - Non fago máis tratos contigo. Quedamos en que che compraba gominolas e ti probabas a bailar." O Leo, mui espabilado para o que lle convén, retrucoulle: "- Eu pensaba que o trato era solo que eu comera gominolas. "

7 comentarios:

  1. As crianças sempre teem uma resposta que nos desarma.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  2. Com a resposta na ponta da língua!!
    Ora toma!

    ResponderEliminar
  3. Desde logo, vaia maneira de lle dar a volta ao trato!
    Son incribles! Incriblemente inxeniosos!

    ResponderEliminar
  4. Home, sendo fillo teu, parvo non é.

    ResponderEliminar
  5. ai! canto leo che hai por aí para facer nejosios! jajaja

    ResponderEliminar

És humano ti ?