Co inicio do curso hai que buscar algunha actividade extraescolar para Leo que lle guste. O asunto non é nada doado que o rapaz é tímido e cústalle socializar. Probamos a metelo nunha asociación de baile onde está un compañeiriño de clase pero non lle chistou a idea e iso que Naideleo o invitou a gominolas para que probase a bailar. Cando marchamos do local Naideleo díxolle: " - Non fago máis tratos contigo. Quedamos en que che compraba gominolas e ti probabas a bailar." O Leo, mui espabilado para o que lle convén, retrucoulle: "- Eu pensaba que o trato era solo que eu comera gominolas. "
As crianças sempre teem uma resposta que nos desarma.
ResponderEliminarUm abraço e bom fim de semana
¡Gustame a resposta de Leo!
ResponderEliminarCom a resposta na ponta da língua!!
ResponderEliminarOra toma!
eche listiño!
ResponderEliminarbicos,
Desde logo, vaia maneira de lle dar a volta ao trato!
ResponderEliminarSon incribles! Incriblemente inxeniosos!
Home, sendo fillo teu, parvo non é.
ResponderEliminarai! canto leo che hai por aí para facer nejosios! jajaja
ResponderEliminar