O Leo non para de falar e cando non sabe inventa.
O outro día saiu da casa co primeiro libro que colleu da nosa biblioteca que era unha guía de Oviedo. Dixo que ía ler o conto e empezou: " Hace añísimos..."
Na foto sae co libro de Pelogato 24 que ten CD coas letras e inventaba unha canción mentres andaba: " Agora hace una mujer desnuda en un carballo ".
O outro día estaba Leo no parque co amigo X. e remataron mal como acostuma pasar entre nenos. Naideleo díxolle que lle pedise perdón a X. e Leo dixo: " X. tonto ". Naideleo enfadouse: " Leeeo !". E Leo autocorrixiuse: " Ah, vale. X. estulto ".
Para estas cousas vale ben un blogo.
Estulto?!!! É boísimo...
ResponderEliminar¡Este Leo é a "milk"! Atopou o termo axeitado, seguramente non para X., mais sí para un feixe de sesudos maiores.
ResponderEliminarO da estulticia, é de nota.
Coido que fará carreira, e tamén "amigos".
Eu digo (e penso que non é a primeira vez que o fago), que este rapaz voso vai para político. Repasa a túa primeira frase deste post...
ResponderEliminarSaúdos
o dos añísimos está moi ben.
ResponderEliminarpero o do estulto "non ten prezo"!
(inda tardei eu ben anos en saber o que significaba estulticia! -estes rapaces canto aprenden cos debuxos animados!-)
São uma gracinha.
ResponderEliminarUm abraço
Caralliño co Leo! Estulto nada menos!!!
ResponderEliminarÉ assim que se começa...
ResponderEliminarEstulto com a apetência dele.
Paideleo, ten vde unha encomenda en Ithaca (espero que non lle pareza estulta, pero tampouco se sinta obrigado)
ResponderEliminarRiqueza de vocabulario, que se chama, para xogar ao despiste.
ResponderEliminarAbofé que me gustaría telo como alumno! Un gran reto! Iamos ter máis dunha conversa!