Neste tempo non só se vendima. A uva despóis de vendimada ten que ser estruchada na espaleadora que separa a uva que vai para o barril do cangallo que hai que tirar.
A uva bota varios días a ferver no barril e hai que ir baixándoa coa ghaia para que estea toda mollada e non borde.
Na foto de arriba retrato a ghaia e o barril.
Cando deixa de ferver hai que cambiar a uva de barril e hai que pasala a un barril limpo de sarrio.
Na foto de arriba aparecen un medio de branco e un bocoi con sarrio antes de limpalos.
O que queda no primeiro barril despóis de pasar o seu líquido a un novo barril chámase baghazo e hai que metelo na laghareta para prensalo e aproveitar o líquido resultante da espremedura.

Este ano houbo tanto tinto que avóM. mercou un depósito de mil litros de aceiro inox.

Na foto retrato o depósito ben roxiño cando baixa o viño.
E mentres o viño tinto ía facéndose na adega houbo que vendimar uva branca híbado pola tarde.
Pero tamén hai tempo para tirar algunhas fotos bonitas.
meus pais fixeron viño na casa durante moitos anos así que sempre me tocaba axudar...
ResponderEliminaro mellor de todo, os vasiños de mosto fresco... ¡que pracer mais grande!
biquiños,
As fotos son ben bonitas.
ResponderEliminarExcelentes fotos.
ResponderEliminarUm abraço