Páxinas

sábado, 24 de setembro de 2011

Terceiro mes



A xoubiña vai medrando a quilo por mes e sen muitos problemas. Aguanta ben a cabeza e ri e conta " contiños " mentres bota burbullas pola boca. O outro día deu media volta sobre o seu corpo por primeira vez e cando está debruzada quere agatañar. Leva bastante ben os gases e as viaxes en coche e protesta máis cando quere durmir que cando quere comer pero tampouco é tan grave.

E que siga así !.

9 comentarios:

  1. Está moi bonita. Non a comades!!!

    ResponderEliminar
  2. Ora bem... e se continuar assim está tudo muito bem!

    ResponderEliminar
  3. Que preciosidade!

    ResponderEliminar
  4. Alédome de que leve ben os gases; eu padezo deles desde a súa idade e (horror) oxalá a meniña non teña eses problemas no futuro. Está moi linda e, se se cría sa, é o mellor regalo do ceo.

    ResponderEliminar
  5. Que feituca é... e mesmo parece que vai falar nesa foto.
    Onte perdémonos... Mágoa.

    ResponderEliminar
  6. Toda unha moza, si señor! Unha moza moi alegre!

    ResponderEliminar
  7. Tati Mancebo26/09/11, 21:03

    Que dous fillos tan lindos tes. Parabéns enormes!!!! Ai, que arepío me dá o axiña que pasa o tempo ;)
    Bks grandes para toda a familia.

    ResponderEliminar
  8. Que Deus a abençoe que está linda.
    Um abraço

    ResponderEliminar

És humano ti ?