E aí está Xela !. Sorrí cando lle sorrís e quere erguerse e mirar o mundo. Agora empeza a xogar cos seus pés e non hai millor xogo para ela. Non para un momento nin para comer. Cando ten sono ponse pesada e mete o polegar esquerdo para durmir. A pediatra dixo que non é problema durante o primeiro ano. Como non para durante o día, na noite dorme bastante.
A ver, que se pode dicir diante desta preciosidade? Está lindísima!
ResponderEliminarXela é moi bonita, parécese ao seu irmán Leo. Está preciosa.
ResponderEliminarBicos
¡Menudos ollazos!
ResponderEliminarEu cando sexa vello, qero unha como ela!
Apertas
qué ollos!!! qué expresivos!! e cómo se parece ao Leo!!!
ResponderEliminarparabéns por esta ledicia
Que fermosa, parabens!!!
ResponderEliminarNa foto sae bonita, pero en vivo aínda é máis preciosa; dou fe!
ResponderEliminarE por riba ri coma unha condenada...
É unha bendición!
Que siga así, e o Leo tamén.
Con esa cariña tan bonita e chea de chispa nos ollos, á que da gusto chegar á casa?
ResponderEliminarApertas
Está bem bonita!
ResponderEliminarAhhh... e tem a tua boca!!
Já to tinham dito??
Pois si que levo tempo perdida!!! Catro mesiños xa!!! É preciosa e todo un mundo aberto nos ollos.
ResponderEliminarNoraboa con moito retraso.
como medrou!
ResponderEliminareu teño unha primiña desa edade, asi que podo ver os progresos, porque dos do meu fillo xa non me lembro;
inda que do sorriso sí, do verdadeiro sorriso, non desas muequiñas que son como sorrisos pero non o son.
lembrome diso e da primeira vez que botou a andar soíño.
felicidades papá, tes unha nena sana e bonita.
Xa che dixeron de todo, así que... que me queda a min? A nena é unha cucada e parece sa. Que máis se pode pedir?
ResponderEliminarSon tan sorprendentes que nos deixan sen fala! Está preciosa.
ResponderEliminarBicos. Para Leo, o irmán desta xoia.
esta ben bonitiña!
ResponderEliminarbiquiños,
¡que medo as arañas da cabaza!