Levan máis dun mes coa mesma rotina anque cada día son menos xente. Chegan ás seis da mañá dos días laborables e extenden un cartaz diante da fábrica que di " Xefes Islas especuladores ". A esa hora son catro ou cinco persoas e despóis das nove da mañá cando recollen serán unhas quince. Non cortan o tráfico nin berran nin molestan. Están aí para facérense ver e máis nada.
O outro día pasei por eles co bocadillo cara o meu coche para ir ao traballo e mirei para eles. Normalmente están de leria entre eles e nin se decatan da miña presenza pero ese día un quedou ollando para min e o meu bocadillo. Eu non puiden aguantar a súa ollada e mirei para o chan. Entroume como unha mistura de vergonza e culpabilidade por ter eu un posto de traballo e eles non que me bateu no corazón.
Non me estraña é para sentirse culpable, aínda que ti non teñas culpa da súa situación.
ResponderEliminarBicos
Oxalá sentiran tamén esa culpabilidade os que teñen poder para cambiar as cousas e non o fan. A nós só nos queda solidarizarnos e axudar no que poidamos.
ResponderEliminarBonito post.
Ti non podes sentir culpabilidade por iso!
ResponderEliminarnon, non, non, parruliño!
ResponderEliminarse tí te estiveras lucrando á conta deles,
se ti estiveses vivindo das rendas que outros che deixaron despois de amasar as fortunas á conta deles, dos seus pais e avós... normal que sentises remorsos,
pero non é o caso, verdade?
[en todo caso o que tí quererás e que eles tamén poidan saír da súa casa co bocadillo cara o choio]
Compreendo-te...
ResponderEliminarE cada vez vamos ver mais situações destas!
Que mundo este?!
Que governantes temos?!
Quem andamos a eleger?!
Infelizmente são cada dia mais os que perderam o seu ganha pão.
ResponderEliminarUm abraço e bom fim de semana
Pois non te sintas culpable, que os culpables non se sinten mal, non imos deixar que aínda por riba nos fagan ter remordimentos ás víctimas.
ResponderEliminar¿ Cómo te sentirías si estiveses no paro e non tiveses para darlle nin sopa aos teus fillos? Hoxe en día temos que aprender a loitar por sobrevivir co que nos deixan. Sen culpabilidades e sen temores, miremos para adiante e apoiemos aos demais no que podamos, pero sen quedar nós atrás.