Páxinas

mércores, 16 de novembro de 2011

Natillas caseiras



Ao Leo gústanlle as natillas de chocolate mercadas. É normal. Pero Naideleo quería que comera algo máis san e fíxollas caseiras servidas nunha copa de cristal pero a Leo non lle chistou o cambio de sabor. Naideleo non se resignou e probou a enganalo uns días máis tarde. Lavou uns botes de natillas compradas e encheunos coas caseiras. Leo empezou a comer unha destas e espetoulle á nai: - " Mamá, estas natillas fixéchelas tu ! " . A nai preguntoulle: - " Por que o dis ? " . " Porque saben como as de copa de cristal ", foi a resposta. Naideleo convenceuno: - " Tés razón, pero non saben tan mal, verdade ? ". Leo seguiu a comela un pouco pensativo e soltoulle todo extrañado de alí a un chisco: - " E como fixeches o bote ? ".

13 comentarios:

  1. Este Leo vai ser mundial.Xa vereis como a partir de agora as come. As da nai quero decir.

    ResponderEliminar
  2. Pobre Naideleo. Non hai quen engane os cativos.

    ResponderEliminar
  3. Calquera se atreve a enganar a Leo.Espero que a partir de agora tamén lle gusten as que lle fai a súa nai.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Só se me ocorre unha cousa: "Son listos coma allos!"

    ResponderEliminar
  5. É o que ten querer despistar a atención dunha crianza coma Leo: convencer convencerase, pero sempre ha de ter algo que pique a súa curiosidade.
    Encántame este rapaz!

    ResponderEliminar
  6. Impagábeis os sorrisos con que nos agasallan.

    ResponderEliminar
  7. Hai que ver o listos que son os nenos, eh!!

    ResponderEliminar
  8. Ehehehehehehe... está a ser difícil enganá-lo!!

    ResponderEliminar
  9. E que son listos de raio, eu estou por escribir as ocurrencias do meu neto, as veces téñome que rir aforza,

    ResponderEliminar
  10. Era visto. Non hai quen os engane.
    Aínda así foi boa idea o intento, e ao final hase de convencer.

    ResponderEliminar
  11. Sendo algo máis pequecha a señorita Chousa, mirando a pequena aceiteira, preguntoulle a súa nai:
    - Mamá, e logo como fas para meter o aceite dentro?
    Eu, por meter tralla, resposteille:
    - Cólleo da botella na boca, e chímpao dentro polo furadiño.
    Miroume sorprendidísima e respostou:
    - E non será malo para ela?

    ResponderEliminar
  12. jajaja, vai saír un gourmet da comida prefabricada!
    (non se lle pode negar que é capaz de aprezar a diferencia inda que se decante polos conservantes e colorantes!)

    ResponderEliminar

És humano ti ?