Ao Leo gústanlle as natillas de chocolate mercadas. É normal. Pero Naideleo quería que comera algo máis san e fíxollas caseiras servidas nunha copa de cristal pero a Leo non lle chistou o cambio de sabor. Naideleo non se resignou e probou a enganalo uns días máis tarde. Lavou uns botes de natillas compradas e encheunos coas caseiras. Leo empezou a comer unha destas e espetoulle á nai: - " Mamá, estas natillas fixéchelas tu ! " . A nai preguntoulle: - " Por que o dis ? " . " Porque saben como as de copa de cristal ", foi a resposta. Naideleo convenceuno: - " Tés razón, pero non saben tan mal, verdade ? ". Leo seguiu a comela un pouco pensativo e soltoulle todo extrañado de alí a un chisco: - " E como fixeches o bote ? ".
Ai, pobre!
ResponderEliminarEste Leo vai ser mundial.Xa vereis como a partir de agora as come. As da nai quero decir.
ResponderEliminarPobre Naideleo. Non hai quen engane os cativos.
ResponderEliminarCalquera se atreve a enganar a Leo.Espero que a partir de agora tamén lle gusten as que lle fai a súa nai.
ResponderEliminarBicos
Só se me ocorre unha cousa: "Son listos coma allos!"
ResponderEliminarÉ o que ten querer despistar a atención dunha crianza coma Leo: convencer convencerase, pero sempre ha de ter algo que pique a súa curiosidade.
ResponderEliminarEncántame este rapaz!
Impagábeis os sorrisos con que nos agasallan.
ResponderEliminarHai que ver o listos que son os nenos, eh!!
ResponderEliminarEhehehehehehe... está a ser difícil enganá-lo!!
ResponderEliminarE que son listos de raio, eu estou por escribir as ocurrencias do meu neto, as veces téñome que rir aforza,
ResponderEliminarEra visto. Non hai quen os engane.
ResponderEliminarAínda así foi boa idea o intento, e ao final hase de convencer.
Sendo algo máis pequecha a señorita Chousa, mirando a pequena aceiteira, preguntoulle a súa nai:
ResponderEliminar- Mamá, e logo como fas para meter o aceite dentro?
Eu, por meter tralla, resposteille:
- Cólleo da botella na boca, e chímpao dentro polo furadiño.
Miroume sorprendidísima e respostou:
- E non será malo para ela?
jajaja, vai saír un gourmet da comida prefabricada!
ResponderEliminar(non se lle pode negar que é capaz de aprezar a diferencia inda que se decante polos conservantes e colorantes!)