Páxinas

martes, 15 de novembro de 2011

O casamento da raposa


Levamos uns días co tempo revolto con aires quentes, aires veloces e chuvias. Así o domingo houbo momentos que coincidían chuvia e sol, momento que en Arbo din " casa a raposa ". E o avóM lembrou o conto da raposa que quixo ir a un casamento ao ceo e ía agarrada por unha aguia. Cando lle preguntou a aguia que tal ía alá arriba de todo a raposa, con medo a cair, díxolle: " Si de esta vivo y no muero no quiero más casamiento en el cielo ".
Non puiden deixar de fotografar o momento que fixo lembrar o conto.

6 comentarios:

  1. porque dís ti que é un ceo porque non se sabe ben nin o que é... ¡que imaxes ten a natureza!

    o conto moi ameno.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. O conto das "vodas do ceo" eu tamén o coñezo, pero o meu remata doutra maneira.
    "cando ían xa moi alto, a aguia fixo un xiro e chimpou á raposa. E a raposa, ao ver que ía caer por riba dun penedo, púxose a berrar:
    -Fuxe, laxe que te esfarelo, que se saio desta non torno as vodas do ceo!"
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. sóame moitísimo a historia da raposa... debe estar afundida no recanto máis lonxano do desván da memoria antiga.

    ResponderEliminar
  4. Eu tamén coñezo ese conto, con unha variante pequena. Quero decirche que a fotografía e moi boa.Ë moi difícil agarrar algo cambiante para darle existencia no tempo.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  5. O tempo anda mesmo mauzinho!!
    Ou a gente é que não estava habituada?!

    ResponderEliminar
  6. Pois eu non coñecía o conto; como moito tiña oído que cando chove e fai están a peinarse as bruxas...
    Boa achega a túa, coma sempre.

    ResponderEliminar

És humano ti ?