Páxinas

xoves, 15 de decembro de 2011

Amor de fillos




Eu non canto ben, máis ben canto fatal. Pero para tranquilizar a Xela cando está rallante polo sono non hai máis remedio que cantarlle. A cuitada da miña filla sorrime cando lle canto a miña versión de " A casa engraçada " e " Susanita tiene un ratón " e agradécese. Pero o outro día o Leo demostrou a onde chega o amor dun fillo cando mirou nunha tele dunha cafetería a Joaquín Sabina cantando. O neno díxome que eu cantaba millor ca el.


Non hai máis remedio que querelos !.

7 comentarios:

  1. Que bo!
    O certo é que nunca te escoitei cantar, nin sequera "O Miudiño"...
    A ver cando probamos para ver se cantas mellor que o Sabina.

    ResponderEliminar
  2. Non podo poñer en dúbida que cantas mellor que Sabina. Se o di Leo...

    ResponderEliminar
  3. E díxocho de corazón, seguriño.
    A ver se imos estar perdendo un crac da música cantada e non o sabemos!!

    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Ao mellor é que Leo que non sabe mentir, gustalle máis a tua voz ca de Sabina.
    O caso é cantar e cada un fai o que pode.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Que sería da nosa autoestima sen os fillos!!!! Apertas!

    ResponderEliminar
  6. Os filhos são na verdade a nossa vida eterna!

    ResponderEliminar
  7. Sabina escribe unhas letras rotundas e manexa a música bastante ben. Pero cantar non canta moi ben. Os excesos non son bos para a voz. Non me cabe a menor dúbida de que o fas mellor ca el.

    E vaia par de unha e unha. Son... adorables!

    Bicos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?