Islandof case semella humano. Gústalle comer e máis se é polo papo. Gústalle cruzarse con membros doutro sexo anque pensase que en Cuba andarían detrás do seu corpo e non detrás da súa faltriqueira. Gústalle o cazo e máis a dúas mans e sen achantar. É trampulleiro, trapalleiro, faltón, botaporelas, peneque e mafioso. Case semella humano se non fose polos resultados médicos. Deulle o dobre de colesterol e sete veces o número de triglicéridos e os médicos quedan abraiados co que ten que aturar o seu corazón. Eu deille o consello de que se cuidase que é gratis e dime que a auga é mala que hai que mirar como deixa os camiños.
Alá el que xa é maiorciño !.
Olha que sapo mais giro!!
ResponderEliminarÉ mesmo daí?!
É que é um pouco diferente dos daqui.
O da foto que mira para min, leva roupa de camuflaxe?
ResponderEliminarDáse uns aires ao esposo dunha real infanta, que fermoso e que listo é o condenado!
Bicos
Teño un problema cos sapos: fanme poñer a pel de pita únicamente con miralos. E mira que nunca mal me fixeron, pero é unha das miñas fobias que conservo dende que teño acordo.
ResponderEliminarSe pecha os ollos non o vemos. Que cousiña!(supoño que con esa pinta de "tipo duro" que ten, o de cousiña non lle gustará moito). Un saúdo.
ResponderEliminarPois digo-te que nunca tinha visto nenhum assim.... cinzento e enrugado como este!
ResponderEliminarO sapo de guapo non ten nada pero o podes levar a horta que che pilla moitos insectos.
ResponderEliminartamén pensei no apelido deste famoso que anda agoraen xuízos, supoño que polo feo do asunto , igual que feo é o animaliño.
ResponderEliminarbiquiños,
Pois a ver se chove dunha vez e empezan a ruar máis a miúdo, que cómpren moitos para eliminar os bichos varios que estragan as colleitas desta terra!
ResponderEliminarpois eu estou desconcertada, que non lle pillo a relación ao sapo, ao título ao texto.
ResponderEliminarjo, síntome torpe. :-(