Páxinas

venres, 3 de febreiro de 2012

Bilingüismo en Zara

Zara HOME, A Coruña, Spain
This travel blog photo's source is TravelPod page: My First Critic Writing



O outro día fun a unha tenda de Zara e hai que ver que son tan bilingües que dan lugar a equívocos. Se vas a Zara Home non hai cousas para homes senón cousas do fogar. Non se che ocorra ir mercar manoplas, aneis ou reloxios a Zara Man que non ten nada que ver coa extremidade do corpo. Se entras pola tenda non lle fagas caso aos manequíns que levan camisolas coa palabra " Sale " que semella que che ordean saír nada máis entrar. Iso si, hai unha empregada que seguro que a contrataron polo seu nome. Chámase Jessi, ou sexa: Yes-Si.


Menos mal que rematan as rebaixas e así non me van saír posteos tan chorras coma este.

9 comentarios:

  1. Tes toda a razón, claro que como falan castrapo e rotulan en inglés, iso debe de gustarlle moito aos que mandan neste país. Mentres non se utilice o galego, para eles todo vai ben.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. De "chorras" nada, que tes toda a razón. É o que ten ter empresarios brillantes que non teñen en conta o seu país e a súa cultura. E logo, claro, a globalización.
    Vaites, vaites!

    ResponderEliminar
  3. Lembro unha historia de Manuel Rivas na que un abría unha cafetería (ou algo así) e poñíalle de nome "Lobishome", e alguén lle preguntaba por cómo se lle ocorrera ese nome tan "cool" porque lía lobisjom, jeje

    ResponderEliminar
  4. ¡Estupendo Paideleo! Parei de rir para poder escribir.
    ¡Parabens!

    ResponderEliminar
  5. Estás inspiradíssimo!
    Gostei deste humor do post!

    ResponderEliminar
  6. pois tí dilo de carallada, pero o comercio primeiro que abriu na coruña de Zara Home, vino de lonxe e pensei que era en galego!, ao acercarme xa me percatei do meu erro, polo tipo de cousas que vendían...

    ResponderEliminar
  7. Chorra será, pero saíuche redondo.

    ResponderEliminar
  8. de posteo chorra, nada, é moi divertido.

    bqñs,

    ResponderEliminar
  9. O nome de Zara Home non sei se sería posto adrede. Eu nun principio piquei, e ata fiquei abraiada pensando na defensa que do galego estaba a facer a "nobre"cadea. Logo, claro, caín na realidade e no "Xa me parecía!" Filispines!

    ResponderEliminar

És humano ti ?