Páxinas

mércores, 1 de febreiro de 2012

Burlando a lei



Nestes últimos tempos teñen aparecido por Vilaguindastre carteis proibindo " pegar carteis e facer pintadas ". Eu descubrín o carteliño curioso da foto e pregunteime a quen se denunciaría esta burla da lei. Supoño que acabarían denunciando a Deus que non é a primeira vez que se denuncia que xa o fixo o rumano Pavel M. cando demandou a Deus por deixalo caír nas mans do Demo e así acabou sendo malo.

3 comentarios:

  1. Iso de non asumir as responsabilidades polos propios feitos, vese que é algo universal.
    Pero con esa valentía e gracia, non.

    o letreiro ten un puntiño!

    ResponderEliminar
  2. Denunciar... non sei a que deus, porque aí non pon o nome de ningún.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. A culpa aqui também morre solteira!

    ResponderEliminar

És humano ti ?