Páxinas

domingo, 15 de abril de 2012

Auga de bacallao


O outro día aprendín unha expresión e non quero que se perda pola miña parte así que a poño aquí. Resulta que avóM quería cambiar un terreo coa xunta de montes e foi á reunión. Á volta a avoaM preguntoulle pesimista: " Que, o do cambio ó final quedou en aghua de bacallao ? ".
Esta expresión significa que algo que se planeaba queda en nada. Preguntei ao señor Google acerca desta expresión e descubrín que sae na wikipedia. Tamén descubrín que é unha frase feita da que gusta especialmente algún periodista e incluso atopeina como tradución da expresión española " quedar en agua de castañas " que oportunamente retrato arriba a falta dun retrato de auga de bacallao.
Espero que este posteo non quede en auga de bacallao e que aproveites esta frase no futuro.

5 comentarios:

  1. Aqui também se usa a mesma expressão e com o mesmo significado.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, "Ser (quedar en) auga de bacallao / - de castañas" Dise cando algo non chegou ao cabo ou non tivo a fin que se agardaba.
    En galego é tan correcta a do bacallao coma a de castañas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. eu tampouco escoitara antes nunca esta expresión.

    a min recórdame a castelá "aguas de borraja", que era unha pranta dos pobres... claro que agora coa publicidade dos acidos omega 6, as "borrajas" estanse a convertir en tesouros de herbolario pagados por ricas neuróticas e crédulas da publicidade, venga a nosotros tu reino.

    tentarei usar auga de bacallao en vez de agua de borrajas

    ResponderEliminar
  4. Paideleo, agradecem-se muito estes posts para "salvar" expressons, :-) e Arbo é certamente fascinante nesse sentido ;-)
    Também ouvim dizer "augas de bacallau", em plural (igual que em português estándar). É-che umha pena que seja precisamente a fraseologia umha das partes mais ameaçadas da língua :-/
    Por certo, que nom comento habitualmente, mas sigo lendo por aqui e dá gosto ver a evoluiçom da vossa família :-) Abraços!

    ResponderEliminar

És humano ti ?