Volviamos de xantar na casa dos avós e o ceo estaba cheo de nubes fermosas. Quería fotografalas pero o Leo ía da miña man. Pensei no futuro cando Leo xa non queira ir da miña man e fun incapaz de soltar a súa cálida man para fotografar unhas nubes distantes, frías e de breve duración.
Iso si, máis tarde tiven a sorte de atopar un libro de bookcrossing en Vilaguindastre ( Out de Natsuo Kirino e BCDI 842-10236530 ) e que lerei con calma.
E fixeches ben non soltando a man. Nubes para fotografar ha de habelas sempre!
ResponderEliminarApertas
Um céu com nuvens... pode ser uma pintura linda!
ResponderEliminar:) :) :)
ResponderEliminarNéboas, brevidade, tempo, Leo crecendo e man cálida. Chacho, iso é poesia.
ResponderEliminaremocioneime ao ler o da man, o das nubes...
ResponderEliminarinda onte recordaba eu, cun peuqeno nó na gorxa, algunha vez que teño corrido detrás de nubes efémeras, e a man do meu neno na da avoa. O que me conforta é saber canto gozaba a avoa esas poucas horas debruzando sobre del todo o seu amor. E como a avoa tamén foi o outro meu grande amor...
:-)
¡que sorte tiveches!
ResponderEliminara mín gustaríame atopar un deses libros.
e das mans... nunca soltaras a man de Leo do todo... sempre haberá un fío invisibel que una a súa man coa túa.
biquiños,.
Tras lerte eu tamén vou optar por non soltar a man. Iso é o que fai que o ceo e o día sexa o que é.
ResponderEliminar