Páxinas

sábado, 28 de abril de 2012

Mans, nubes e libros



Volviamos de xantar na casa dos avós e o ceo estaba cheo de nubes fermosas. Quería fotografalas pero o Leo ía da miña man. Pensei no futuro cando Leo xa non queira ir da miña man e fun incapaz de soltar a súa cálida man para fotografar unhas nubes distantes, frías  e de breve duración.


Iso si, máis tarde tiven a sorte de atopar un libro de bookcrossing en Vilaguindastre ( Out de Natsuo Kirino e BCDI 842-10236530 )  e que lerei con calma.

7 comentarios:

  1. E fixeches ben non soltando a man. Nubes para fotografar ha de habelas sempre!

    Apertas

    ResponderEliminar
  2. Um céu com nuvens... pode ser uma pintura linda!

    ResponderEliminar
  3. Néboas, brevidade, tempo, Leo crecendo e man cálida. Chacho, iso é poesia.

    ResponderEliminar
  4. emocioneime ao ler o da man, o das nubes...
    inda onte recordaba eu, cun peuqeno nó na gorxa, algunha vez que teño corrido detrás de nubes efémeras, e a man do meu neno na da avoa. O que me conforta é saber canto gozaba a avoa esas poucas horas debruzando sobre del todo o seu amor. E como a avoa tamén foi o outro meu grande amor...

    :-)

    ResponderEliminar
  5. ¡que sorte tiveches!

    a mín gustaríame atopar un deses libros.

    e das mans... nunca soltaras a man de Leo do todo... sempre haberá un fío invisibel que una a súa man coa túa.

    biquiños,.

    ResponderEliminar
  6. Tras lerte eu tamén vou optar por non soltar a man. Iso é o que fai que o ceo e o día sexa o que é.

    ResponderEliminar

És humano ti ?