Páxinas

martes, 17 de abril de 2012

A miña heroína


A miña heroína non é lady Gaga senón lady Gu-Gún que é o grito de guerra de Xela cando quere algo.
Estes días empeza a soltarse das dúas mans estando de pé e non ten medo. O sitio preferido é onda o botixo da cociña: apóiase nel coas dúas mans, logo solta unha e logo a outra e queda uns instantes así.
E hoxe deixoume abraiado cando eu lle ensinaba unha peza dun xogo de construción cun color e forma determinados e logo metíaa na caixa con outras pezas. Pedíalla a Xela e Xela devolvíame a mesma peza.
Unha nena así ten que ser a miña heroína á forza.

9 comentarios:

  1. Está preciosa e tente conquistado de todo.
    Dálle un biquiño da miña parte, outro para Leo.

    ResponderEliminar
  2. Non me estraña que sexa a túa heroína... Está feita unha lagharta!
    Agora xa estás no punto polo que pasou un que ti xa sabes, que de babear pasou directamente a "chochear".
    Íache regalar un babeiro polo aniversario pero acabo de caer na conta de que xa pasou. Parabéns para ti para MamáXela.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. ¡Canta agudeza tén vostede!... Lady Gu-gún... insuperable.

    biquiños para esa preciosidade de nena que tén, e para Leo, claro.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. ¡UUUAAAUU!, ¡Que sorriso, e que ollazos!

    ResponderEliminar
  5. Que linda!
    E que bonito ver todos os seus progressos quase diários!

    ResponderEliminar
  6. Que linda está Amigo. Que Deus a abençõe e lhe dê um mundo mais justo e um futuro melhor que o nosso.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  7. Ten por seguro que ti es o seu heroe tamén.
    (Despois virá un tempo no que evolucionarás a cavernícola, pero de momento aínda está lonxe iso)
    Apertas

    ResponderEliminar
  8. como dí chousa sodes un o admirador do outro.
    medra sana, linda, lista e guapa, que máis podes pedir?

    ResponderEliminar
  9. Ten cara de espilida, así que non me estraña.

    ResponderEliminar

És humano ti ?