Páxinas

domingo, 27 de maio de 2012

Touras " everywhere "



Coa cercanía do verán e as festas patronais as comisións de festas buscan cartos onde sexa. Multiplícanse bingos, sorteos, campionatos de tute e outras actividades co fin de recadar o máximo posible. Para chamar á participación poñen de reclamo muitos produtos alimenticios como follas de bacalao, aceite, años, porcos e touras e aquí foi onde se me parou o ollo. As touras semellan uns animais míticos que valen o mesmo de cuarto ca de quinto premio e que poden ser regalos a máis sobre premios coma se se multiplicasen por xeneración espontánea.
O dito, hai touras " everywhere ".
Sorte a quen opte por elas.


8 comentarios:

  1. Non sei se estou espesa -cousa bastante probable-, pero non acabo de entender qué son as touras.

    ResponderEliminar
  2. Outro espeso...
    (Pq...vacas non son, cajonatós; que sería moito premio de dios)

    ResponderEliminar
  3. Teño o mesmo problema, non sei que é toura, segundo o dicionario Estraviz é: s. f.

    (1) Vaca nova que aínda nom pariu crias ou é estéril.

    (2) Período de celo da vaca.

    (3) fig. Muller brava.

    Con cal das tres me quedo?


    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Por aqui também começam as festas.
    A minha, quer dizer de Santo André, onde vivo foi reduzida dos 12 dias habituais para 4. Por causa da crise.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  5. Pois toura viría a ser unha vaca nova ou tenreira ou xuvenca.

    ResponderEliminar
  6. E logo se se refire a vaca nova por que lle chaman "ternera" na segunda fotografía, pon "Man ternera+chuletero"
    Esto demostra que foron varios a facer o anuncio ou quixeron facer un cartel "bilingüe".
    Xa me imaxinaba que se refería a tenreira/xuvenca/toura/becerra pero era un pouco por seguir a broma.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. e así co agasallo xa está solucionado o patrón.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  8. Depois de uma ausência forçada, cá estou de volta aos comentários.
    Um grande abraço.

    ResponderEliminar

És humano ti ?