Coa cercanía do verán e as festas patronais as comisións de festas buscan cartos onde sexa. Multiplícanse bingos, sorteos, campionatos de tute e outras actividades co fin de recadar o máximo posible. Para chamar á participación poñen de reclamo muitos produtos alimenticios como follas de bacalao, aceite, años, porcos e touras e aquí foi onde se me parou o ollo. As touras semellan uns animais míticos que valen o mesmo de cuarto ca de quinto premio e que poden ser regalos a máis sobre premios coma se se multiplicasen por xeneración espontánea.
O dito, hai touras " everywhere ".
Sorte a quen opte por elas.
Non sei se estou espesa -cousa bastante probable-, pero non acabo de entender qué son as touras.
ResponderEliminarOutro espeso...
ResponderEliminar(Pq...vacas non son, cajonatós; que sería moito premio de dios)
Teño o mesmo problema, non sei que é toura, segundo o dicionario Estraviz é: s. f.
ResponderEliminar(1) Vaca nova que aínda nom pariu crias ou é estéril.
(2) Período de celo da vaca.
(3) fig. Muller brava.
Con cal das tres me quedo?
Bicos
Por aqui também começam as festas.
ResponderEliminarA minha, quer dizer de Santo André, onde vivo foi reduzida dos 12 dias habituais para 4. Por causa da crise.
Um abraço
Pois toura viría a ser unha vaca nova ou tenreira ou xuvenca.
ResponderEliminarE logo se se refire a vaca nova por que lle chaman "ternera" na segunda fotografía, pon "Man ternera+chuletero"
ResponderEliminarEsto demostra que foron varios a facer o anuncio ou quixeron facer un cartel "bilingüe".
Xa me imaxinaba que se refería a tenreira/xuvenca/toura/becerra pero era un pouco por seguir a broma.
Bicos
e así co agasallo xa está solucionado o patrón.
ResponderEliminarbiquiños,
Depois de uma ausência forçada, cá estou de volta aos comentários.
ResponderEliminarUm grande abraço.