Páxinas

luns, 25 de xuño de 2012

Xela na praia de Patos


Cun ano e un día Xela tivo a sorte de ir á praia por primeira vez. Podería ter desfrutado máis pero hoxe levou un xeringazo e botou o día protestando. A auga estaba fría para ela ( non para os maiores que entramos sen problema ) e o terreo non é mui bo de andar cando alguén leva un par de semanas andando pero ela pasouno ben igual. Gustoulle ver as olas e tanta xente facendo cousas distintas e notar a area que engulía os seus peciños e ata parecía gustarlle a auga salgada na boca que se relambía. Chapaleou un pouco na auga dunha poza que lle fixemos e xogou con algunha alga e a pa de plástico.
O Leo tamén desfrutou saltando olas e xogando con algas e os cacharros e comeu bastante que semella que a praia abre o apetito. Xela non, nin con esas; ela non come nin á de tres.
Esperemos que haxa máis días de praia que aquí nunca se sabe.

6 comentarios:

  1. Xela está moi fermosa.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Canto camiño percorrido para chegar ata aquí, verdade? E o que lle queda... :)

    ResponderEliminar
  3. eu recordo o primeiro día da praia da miña filla como si fora hoxe... ¡como choraba ó sentir os pés metidos na area!

    biquiñs,

    ResponderEliminar
  4. Pois aproveita que estes días están bos de praia!

    ResponderEliminar
  5. Olha que linda que ela está!!

    Um abraço.

    ResponderEliminar
  6. pois Xela non comerá, pero ten a boca chea de señais de ter comido jaja

    está linda, linda... un ano e un día, ai mi madriña!

    ResponderEliminar

És humano ti ?