Páxinas

mércores, 4 de xullo de 2012

Aínda aprendendo


Gústame aprender palabras e frases novas e así aprendín a semana pasada " poufeiro " que é un bebé oposto a como é Xela, ou sexa; poufeiro é un bebé fortoche, tranquilo e que apenas se move.
Tamén aprendín no choio a frase " aínda Dios non é vello " que vén a dicir que aínda hai tempo para que ocorra algo.
A ver se o da pintada da foto aprende máis vocabulario e de paso un pouco de educación para escribir onde é debido.

7 comentarios:

  1. jaja xa dicia eu que esas palabras da pintada xas tiñas que coñecer de antes...

    poufeiro eu no escoitara nunca...

    ResponderEliminar
  2. Poufeiro eu coñézoa pero aplicada a xente maior "home que fai todo con calma e devagar, sobre todo se é persoa pequena e gorda"

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. O que máis me chama a atención é o etc. final con punto e todo, non cadra co anterior.
    Apertas para toda a familia.

    ResponderEliminar
  4. Eu tampouco coñecía a palabra poufeiro. Curiosa.

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén tiña unha vaga idea de "poufeiro", para alguén moi pousado. Pero o que si coñezo ben son as POUFEIRAS da Confitería Regino de Ponteareas: deliciosas!
    http://bretemas.blogspot.com.es/2006/04/mis-sobre-o-pan-durmido.html

    ResponderEliminar
  6. Aínda se escribiran un poema...;pero sempre lles da o demo ideas para o mal, carallo!

    ResponderEliminar
  7. nunca entendín, nin entenderei que gusto teñen aqueles que pintan calquera cousa que se lles poña por diante... e mais para escribir sandeces.

    ¡danme pena!

    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?