Páxinas

xoves, 9 de agosto de 2012

Avanzando



Os reis da casa avanzan ao seu ritmo. O Leo aprendeu a xogar ao parchís e á oca e tamén quere ter unha mascota na casa. Chegamos ao acordo de que será un peixiño.
Por outra banda, Xela vai a unha velocidade que non estamos acostumados e iso que apenas come sólido. Ela vai explorando o mundo a toda velocidade e sen medo a case nada, bueno, os cans atráena pero cando se acercan muito ela non gosta desa proximidade. Xela é mui alegre e aleda a muita xente, sobre todo ao avóP que o está pasando mui mal ultimamente.
É unha alegría esta nena cando che dá unha flor, unha aperta ou unha galleta.

8 comentarios:

  1. É unha ledicia velos medrar. Están os dous moi fermosos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Pois si que son unha alegría!
    Onte mesmo conseguín que me fixese caso: colleume o dedo entre a súa manciña e purraba de min que nin che conto...
    Alégrome que tamén lle faga ben ao AvóP. Apertas e forza.

    ResponderEliminar
  3. dentro de nada lemos o post de que o Leo vaise para a Universidades e Xela casi...

    ¡como crecen en casa dos outros!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. Aínda lembro cando volvestes dos USA co Leíño encargado. Mira ti! Xa pasaron algúns anos. :)

    ResponderEliminar
  5. Moi atinada a concesión do peixiño como mascota!

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. jaja que cutre, paideleo, un peixiño!
    o Leo eche ben bó ho! "aceptamos peixe como animal de compañía" :-)

    lindos que están os dous, (na foto hai unha margarida que leva unha rosiña pegada)

    ResponderEliminar
  7. Qué fermosura a dunha meniña ofertando a estes que lemos unha florciña!

    A ver como se decide o nome do novo habitante da casa, dese peixiño...:-)

    Apertas

    ResponderEliminar
  8. Fai tempo que non dou unha voltiña polos blogs, e mentres tanto Leo e Xela medraron sen parar.

    Biquiños para os dous.

    ResponderEliminar

És humano ti ?