Páxinas

sábado, 4 de agosto de 2012

Liberando un libro


En abril topei un libro en Vilaguindastre para ler e ser liberado despóis para que o lea máis xente. Eu lino e libereino no " marco incomparable " da fonte de Sardiñeiro en Fisterra.
Agora que o lea máis xente e que conte a súa viaxe en bookcrossing. O libro é Out de Natsuo Kirino e o código é BCDI 842-10236530.

5 comentarios:

  1. Eu fixen iso mesmo xa un par de veces, e do libro liberado nunca máis se soubo. Enfín, así é o xogo.

    ResponderEliminar
  2. pois eu voume mudar de casa e non quero acumular libros que teño que nunca máis volvín abrir... seleccionarei e quedarei cun puñadiño deles escollidos, que os amo, e outros que amo a quen me agasallou con eles, outros de autores amigos etc. e os outros tiña pensado o que fixen máis veces, deixalos apilados á beira do contenedor de basura e vixiar dende a ventana e sorrir vendo como a xente para, curiosea e leva un, ou dous ou tres... xdente que notas que lle da vergoña pero que morrre coas ganas de mirar jajaja, é moi divertido.
    Pero en fin, case me está tentando o do bookcrossing--- xa veremos

    ResponderEliminar
  3. ¡que sorte! pois a mín faría ilusión encontrar un deses libros, lelo e despóis liberalo, como ti.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. A min pásame coma Aldabra, encantaríame atopar un deses libros.
    Nunha ocasión deixei un por ahí e tampouco souben máis nada del, pero volverei a intentalo.
    Por certo, ¿ chegouche un libro por correo a finais de xullo?

    Saúdos

    ResponderEliminar

És humano ti ?