Páxinas

martes, 14 de agosto de 2012

Visita ao zoo


O Leo leva unha tempada teimando cos lobos así que decidimos levalo á Madroa a que mirase os lobos. Non sei como os imaxinaba el pero dixo que os que mirou eran pequenos. O Leíño aínda non sabe que os homes son os lobos para o home pero xa o aprenderá co tempo.
Xela alucinaba con todos os animais. Ela sinalaba e soltaba un " Aaaaaa" que lle saía do corazón.
A verdade é que deixa admirado esta nena que imita todo e quere facer rir á xente. Tamén me deixa abraiado que empece a tararear cancións.
Con estes dous non hai momento tranquilo.

4 comentarios:

  1. non hai momento tranquilo, nin baleiros no corazón.

    :-)

    miña nai sempre me dicía que a quen lle tiña que ter eu medo era ós lobos de dúas pernas.

    ResponderEliminar
  2. cando Senira era pequena tamén a levei ó zoo da Madroa... non volvín desde entón.

    da gusto ver os pequenos como se asombras coas cousas ¿verdade?

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Tranquilidade só hai anaquiños que se intercalan. Disfrutade deles!!!

    ResponderEliminar
  4. A vida também se pode e deve ensinar!
    Um grande abraço.

    ResponderEliminar

És humano ti ?