Páxinas

martes, 11 de setembro de 2012

Comezo escolar


O Leíño volve mañá á escola e non está mui animado que digamos pero é o que hai. Só espero que o pase ben, que xogue cos seus compañeiros, que lle guste a comida do comedor e que aprenda algo máis que os chineses que fixeron o xoguete da foto. Por suposto que non merquei este xoguete. Nin para Leo nin para Xela porque quero que " apreMdan " ben.

4 comentarios:

  1. Eu penso que a culpa non é dos chineses, senón dos que lles permiten ter a venda xoguetes pouco seguros ou como é o caso con incorreccións.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. para rizar o rizo a falta é na palabra "aprender"

    :-(

    eu tamén espero que o Leo o pase ben.

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén lle tiña algo de medo a este primeiro día de escola, pero saiu mellor do que agardaba :-)

    ResponderEliminar
  4. marcho uns días do blog e tí dedícaste a escribir mais que nunca...
    ¡vaia contigo!

    en todolos lugares hai cousas que provocan enfermidades, ata ferrol dí que chegan os fumes de As Pontes, e cerca tamén, na antigua Bazán (ahora Navantia) temos o problema do amianto (meu pai tivo sorte e non foi afectado).

    Xela está como si fora de verdade unha anxeliña, mágoa que se perdan as costumes fermosas pero a vida vai tan rápida que deixamos moitas cousas polo camiño.

    e só me queda dexesarlle ó Leo boa sorte no comezo do curso.

    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?