Hai dous anos a acampada na illa de Arousa abriunos as portas a ese miniparaíso e quixemos repetir.
Mentres Leo crea historias de piratas aínda lle dá tempo a cabalgar crocodrilos de pedra ou acarrexar cordas coma un penitente.
Xela é máis de explorar e saudar ananiños e ir visitalos unha e outra vez.
Tamén soubemos da nova da morte hai seis meses de Rocky, o loro pirata supervivinte dun naufraxio segundo unha lenda creada a propósito para animar a facer unha camiñada a Leo. Agora quedan no sitio de Rocky dúas ninfas que dixemos que son fillas daquel loro pirata.
No parque da illa hai un tren de madeira que serviu para facer de dinotren e estimular a imaxinación dos pequenos.
A auga non estaba quente como hai dous anos pero aínda o pasamos ben.
Si que facía tempo que non me pasaba eu a ver a estes cativos, e que grandes e guapos están :)
ResponderEliminarLeo debe ser un gran observador e vividor de aventuras, a sua expresion amosao.
Biquiños a moreas!!!
As fotos moi fermosas e Leo e Xela están moi guapos.
ResponderEliminarBicos
eles pasárono mellor que vosoutros, seguro.
ResponderEliminarlástima do loro.
biquiños,
Que ben o pasan, e vós con eles. Están estupendos. :)
ResponderEliminarclaro que hai que repetir cando a experiencia foi boa!
ResponderEliminarfun ver o post de hai dous anos, as fermosas fotos, e como medrou Leo.
Mira tí, hai case nada e agora aí está Xela despegando e non con Ryanair!