Páxinas
▼
xoves, 18 de outubro de 2012
Eleccións 2012
Seguimos coa batalla para entrar no parlamento de Galicia e atopo curiosidades. O PSdeG pon nos cartaces a mensaxe: " É o momento " que practicamente é igual que o que usou o PP no 2009 co seu: " Chegou o momento. Feij009 ". Lembro o texto do PP porque no concello das Neves aforran tanto que agora volven pendurar as pancartas de hai tres anos. Non teño proba fotográfica pero a ver se a consigo este domingo camiño de Arbo.
As eleccións tamén poden ser case un asunto personal cando poñen de candidato un coñecido da época estudiantil que vivía a menos de dous quilómetros da miña casa. Non coñecía ese partido pero quedei abraiado cando mirei a cara do candidato. Lembro que cheguei a estar na súa casa por un amigo común e que debuxou vistas e rúas de Vilaguindastre hai máis de vinte anos.
Aparte dese veciño da foto hai outro algo que me cai máis lonxe que é Mario Conde e que non teño trato con el nin quero, graciñas. Non sei como ten cara para presentarse e o máis simpático é que haberá quen vote por el e todo.
E agora xa deixo o tema político que me aburre.
Para chorar. Digo eu porque haberá que vote por el.
ResponderEliminarBo post.
O M.C. é meu veciño novo. Quero decir que é veciño na terra dos meus ancestros. Ten mercados ós veciños de Chaguazoso con "parrilladas" a cotío. Coido que mercou unha casa de turismo rural, financiadad no seu día con fondos "fraguianos".
ResponderEliminarUnha curiosidade miña é: ¿Por qué merca unha casa a menos de un Km. da fronteira portuguesa nunha terra casi perdida?.
Apertas Paideleo
A política, non é que aburra, é que fede que apesta!
ResponderEliminarE eu irei votar, malia o excepticismo que vai en aumento, pese á falta de fe. Saber que no mundo tal como está concebido agora mesmo, xa non hai nada que facer sen que se tombe primeiro.
ResponderEliminarcon Mario Conde parece que houbo cordura porque xa serie irrisorio que obtivese un posto no parlamento.
ResponderEliminarbiquiños,