Páxinas

xoves, 11 de outubro de 2012

Facendo máis ou menos


Hoxe aparcou debaixo do meu edificio a furgoneta da música repetida de todas as eleccións que todos coñecemos. Esta vez polo menos a furgoneta non ten matrícula portuguesa. Pois iso, saiu un home con vasoira e cartaces e espetou os cartaces por riba doutros dun partido contrario. A megafonía dicía sensentidos e frases baleiras e fíxome graza cando dixo: "...para seguir facendo cousas máis ou menos... ", frase aclaratoria do que teñen pensado facer.
Na foto está o Leo correndo por unha beirarrúa barata que estamos en crise. Pódese chamar beirarrúa máis ou menos.

4 comentarios:

  1. ja ja ja

    eu diría máis ben menos que mais...

    ós teus fillos encantaralles o blog cando xa sexan mais crecidiños...

    estás a facer para eles un recordo ben bonitiño.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. Se vises algunhas beirarrúas de Ribeira non sei qué dirías. ;)

    ResponderEliminar
  3. Pois é,
    todos din que os políticos reflejan a sociedade, pero eu non mo creo,
    e vendo o teu blog menos
    :)

    ResponderEliminar
  4. :D
    mais ou menos, eh?
    non digas que non está ben... e a comparación coa beirarrúa, xenial!

    ResponderEliminar

És humano ti ?