Páxinas

martes, 9 de outubro de 2012

Outubro

 
 
Empeza outubro e xa se vendimou todo. É máis, a uva xa ferveu e perdeuse a oportunidade de curar males de pernas meténdoas no viño a ferver.

Tamén se apañou o millo e antigamente quen topaba a espiga escura era o rei ou raíña.
Tamén chegaron os novos inquilinos á casa anque por menos tempo do que quererían eles. Este ano os dous inquilinos son pedreses. A ver se se lle nota a  diferenza en algo.
                                                                                                                                             
 
 
 
 
 

6 comentarios:

  1. Pobres porquiños! Só de pensar o que lles vai pasar...

    ResponderEliminar
  2. mira, e o millo... usádelo en gran como pienso ou moédelo para fariña dalgún xeito?

    ResponderEliminar
  3. Aquí en Betanzos tamén estiveron estes días coa vendimia. Non sei se remataron ou non.

    ResponderEliminar
  4. Pedresesquere dicir a pintas. Tamén hai galiñas pedresas. Este ano é a primeira vez que teñen os avós uns porcos así.
    O millo hai que moelo para facer fariña. Para a xente teñen este ano millo branco para facer polenta e bolo do pote.

    ResponderEliminar
  5. grazas por responder. pedreses. non lembro telo escoitado.

    (escoitei o outro día cousas sobre o millo transxénico que...)

    ResponderEliminar

És humano ti ?