Páxinas

sábado, 20 de outubro de 2012

Reflexión

Non vou reflexionar sobre as eleccións e os seus cartaces e mensaxes.
 
Sempre se poden atopar mensaxes millores nun simple tobogán.
 
Ou mensaxes cheas de significado complexo atopadas en observatorios da natureza.
 
E relacionado cos lorchos hai que ver como veñen e van os peixes no noso acuario: Cleo, Plata, Parche, Patapau, Lamparilla e Colilla.
 
 
O tempo pasa sen piedade por todos e ata Leo medra e saca "noiva".
 
E canto máis coñezo a Leo máis me recoñezo a min.
 
 
Reflexiono de máis, paréceme a min.

10 comentarios:

  1. que medrado está o Leo na última foto...!

    ;-) sodes cuspidiños. Clonado, che.

    ResponderEliminar
  2. Fixéchesme lembrar un detalle de Savater: Cando lle naceu o neno, xa estaba separado da muller, pero acudiu con ela para apoiala cando deu a luz; en canto viu a criatura exclamou con asombro "coño, cómo se me parece!", o cal é certo. Pois iso, a ti pásache o mesmo. ;)

    ResponderEliminar
  3. ¡Eu xa non reflexiono.doenme os cadrís de flexionar!

    ResponderEliminar
  4. Sodes coma duas pingas de auga, :)
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. De máis dis?... ao millor por os que non o fan. As fotos de tan oportunas, son fermosas.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. O tempo pasa para todos....Non si...?
    ǿCanto fai xa que estivechedes por Agolada...?

    ResponderEliminar
  7. Supoño que ti es o que está serio coma un pote á dereita, porque se foras o que está bailando por bulerías... escacho!

    ResponderEliminar
  8. non reflexionas de mais, claro que comparado cos que non as pensan... entón sí!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  9. e supoño que recordas o dito:

    "nas más ou nos pés, mitarás a quén es"

    ResponderEliminar
  10. É apreciación miña ou a noiva/moneca de Leo está sen bragas??!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?