Páxinas

sábado, 1 de decembro de 2012

Diante do ordenador


Esta quincena estiven a traballar de noite e o cambio de ritmo nótase á hora de internetear. Sempre quedan asuntos atrás e non hai tempo ou ganas para pórse ao día.
Pero como non hai mal que o tempo non cure empezo posteando este mes de decembro de cinco sábados, cinco domingos e cinco luns cun aviso para peregrinos e veciños de que teñan cuidado cos ladróns perto de Vilaguindastre. Ten un pouco de retraso pero foi a miña irmá Kasege quen me descubriu este aviso hai uns días e non puiden postealo ata hoxe.

5 comentarios:

  1. vaia teima co de "mortos de fame"
    (inda que famiña debía de haber para roubarlle as galiñas e o galo... e non sería o raposo?)

    ResponderEliminar
  2. Home, se non tivesen fame non llas roubarían, digo eu...
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Oes, Zeltia a min non me metas no lío que eu non tiven nada que ver.
    Haberá que ter coidado cos rateiros eses!

    ResponderEliminar
  4. jaja, raposo, pensei en ti, xustamente, cando escribín o comentario!

    ResponderEliminar
  5. non se andan con tonterías.
    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?