Páxinas
▼
sábado, 15 de decembro de 2012
Hasta lueguín, panadizo
Nunca é tarde para aprender e así neste día chuviñento de sacar a paladas auga da fábrica tiven ocasión de aprender a palabra panadizo. Levo uns días cunha infección nun dedo arredor dunha uña e non dá pasado. Fun hoxe á médica e díxome que era un panadizo ( uñeiro ou colledizo en galego ) e que tiña que sacar o pus no enfermeiro e tomar antibiótico e antiinflamatorio e así fun logo á farmacia. Alí a dependenta de lentillas verdes despediuse de min cun " Hasta lueguín " que nunca oíra na miña vida. Por iso que sempre se aprende saíndo da casa.
Iso si, non aprendo nada cando encendo a radio e escuito falar de matanzas en colexios. Máis ben desaprendo.
Prefiro pintar sorrisos en feridas.
Uma tragédia amigo. Inenarrável para qualquer um, muito mais para quem é pai.
ResponderEliminarPanarício é um bom petisco amigo. Dói imenso e às vezes é preciso arrancar a unha. Tomara a infecção passe logo.
Um abraço e bom fim de semana
A curar ben ese panadizo!
ResponderEliminarpois sí que che saliu un panadizo repoludo!
ResponderEliminaro día chuviñento paseino eu pelexando cun programa de edición de video.
Horas que me pasaron como minutos, se non fora pola dor de músculos de estar sen cambiar de postura.
e nada, hasta lueguín!
ese hasta lueguín é algo agarimoso... como decir hasta lueguito... digo eu...
ResponderEliminaro do dedo, ten que doer moito ¿verdade?
toma ben os medicamentos e mellórate axiña.
bicos sanadores, que son os necesarios nestes casos.
Teño escoitado a palabra "lueguín", pero en Asturias. Codio que é bable.
ResponderEliminarUn saúdo.
Quería escribir coido. Coido que é bable. En fin...
ResponderEliminar