Traballando apréndese algo máis que a cravar puntas erguendo o martelo por riba do hombreiro. Tamén se aprende curiosidades como que a lúa é unha mentirosa. Se miras a lúa escribindo a letra "C" no ceo non quere dicir que está en crecente senón en debalo. E ao rivés, se miras unha lúa no ceo escribindo a letra "D" non está en debalo senón crecente.
A foto foi " roubada " na interrede.
así foi como aprendín eu o de "crecente" e "decrecente"
ResponderEliminarbiquiños,
Esta foi uma das primeiras coisas que aprendi com meu pai.
ResponderEliminarUm abraço e Santo Domingo
Eu tamén o aprendín cando tiña uns sete ou oito anos. Sempre que miro á lúa, recordo o truco; non falla!
ResponderEliminarPor que será que todos aprendemos de cativos ese truco? ;)
ResponderEliminarEstá claro que eu son un cativiño, pq acabo de aprendelo léndote!! Grazas pola ensinanza.
ResponderEliminartamén eu aprendín con ese "truco", pero non chamándolle mentireira á lúa! o caso é botarlle a culpa a alguén! :-)
ResponderEliminar