Empeza o ano con frío e con indecisión. O traballo en Torredecaminho non dá levantado vó e botamos a xeira enteira a limpar por aquí e acolá. Rematei o ano pasado limpando arañeiras e empezo o novo limpando zanxas. Outros traballan un chisco e outros fan a zaina, ou sexa, fan que fan. Ás veces semellamos extras dunha película. Só espero que esta película non sexa un drama.
Pareces preocupado.Espero que non haxa razóns serias e que pronto haxa moito traballo e a xente non teña que facer a zaina (nunca escoitara esa expresión)
ResponderEliminarCorren tempos difíciles en todos os traballos, pero seguro que en canto remate este mes xa todo volve á normalidade. Os mellores desexos para ti e os teus compañeiros.
ResponderEliminarTampouco eu coñecía "zaina"; o máis parecido que coñezo eu é "taina", que na miña casa usamos para alguén que non ten disposición ningunha e que non avanta nada. Igual ten algo que ver.
Gracias por a cerba zaina, non a coñecía.
ResponderEliminarOs tempos son difíciñes, e coido que así seguiran.
Imos quedar moitos estramballados polo camiño, se akguén non cambia isto.
De todolos xeitos quero decir, como xa decian antes: "Nunca choveo que non escampara".
Apertas.
¡Carajo!, pasame por non correxir antes de editar. Lamento os gazapos incrustados.
ResponderEliminarPois espero contigo en que non sexa drama.
ResponderEliminar