Páxinas

venres, 1 de febreiro de 2013

Dúas " lerías "


O Leo ten momentos complicados e outros grandiosos polas súas ocorrencias. Vou contar as dúas últimas.
Nunha ocasión dixo Naideleo: " Vou tomar un café para entrar en calor ". Leo oiu iso e botouse a rir. A resposta que lle deu á nai cando lle preguntou por que ría foi esta: " Eu cando teño frío poño unha chaqueta ".
Outra ocorrencia do Leo foi esta: " Eu sei en que se diferencian os homes das mulleres. Os homes teñen piroliña e as mulleres teñen dous cus ".

9 comentarios:

  1. Leo é mundial. O dos dous cús ten a lóxica dos nenos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Vou contar inmediatamente o dos dous cus. Citarei a fonte!!!
    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Caraina co Leo. Que gráfico!!

    ResponderEliminar
  4. Jajajajaja! Téñenlle que poñer un programa na tele ou na radio, eu miraríao seguro! É un neno moi espelido, encántame cando empezan a interpretar o mundo según o coñecemento que eles teñen del :)
    Apertas!

    ResponderEliminar
  5. oes, agora comprendo a motivación de tantísimos homees: un burato é un burato (iocarallo)

    grande, Leo

    ResponderEliminar
  6. sonche a monda!!!

    (por certo, comezo de novo :D por se queres pasar algún día: http://dalheuncolinho.blogspot.com.es/ -é novo-)

    Biquinhosssssssssss

    ResponderEliminar
  7. dous cus?
    ¡que imaxinación!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  8. Parabéns ao Leo. Tem veia humoristica.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  9. O que se riu a miña parella coa ocorrencia esa dos dous cús. Anda que non é espabilado o rapaz!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?