Páxinas

venres, 24 de maio de 2013

Vixésimo terceiro mes



A naipela segue avanzando no aspecto físico á súa velocidade e agora salta escalóns e todo. Aprendeu a baixalos sen apoiarse e agora xa os salta. Tamén corre e gústalle facer " ximnasia ". No comer si que non avanza e segue sendo de baixo mantemento. Progresa no falar e faime graza que remata en "i" as verbas que rematan en consoante coma " sol " e " señor "  e " oso polar " que son " soi " e " señoi " e " polai ". Tamén usa ese " i " como negación nunha frase: " i guta " ( non me gusta ). Tamén aprende muito español na guardería e así quere correxirme cando falo. Xa lle cambiou o nome ao irmán e xa non é " Lô " e agora é algo entre Lío e Leo.

4 comentarios:

  1. Quase 2 anos. Abençoados amigo. Está linda e cada dia mais parecida ao mano.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  2. Cando leo a crónica da túa nena, sempre penso nunha primiña que teño, que ten a mesma edade, e paréceme estala vendo... (ela vive na miña aldea, e cando vou agora, sempre vou con ansia de vela! -que pronto se fan os rapaces os donos do noso corazón-)

    Está linda, linda, Xela.

    ResponderEliminar
  3. E fai nada era unha ratiña na barriga de súa nai. Medran (na casa dos outros) que da gusto

    ResponderEliminar
  4. xa lle queda nada para cumplir os dous aniños... e está ben bonita!

    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?