Páxinas

martes, 4 de xuño de 2013

O tren do festival


Nótase a crise por todas partes e na educación non había ser menos. Xa o ano pasado non fixeron o festival das letras galegas e este ano xuntaron o festival das Letras co de fin de curso e así houbo actuacións no cole de Leo de todos os tipos. Dende taekwondo a baile moderno, pasando por patinaxe, inglés, teatro e multideporte.
Este ano polo menos houbo máis galego ca o ano pasado e a Leo e compañeiros tocoulles facer unha coreografía da canción de Andrés Dobarro " O tren " que leva máis de corenta e tres anos circulando por aí, máis vella ca muitos pais deses nenos que a coreografiaron.
Nun comentario da canción pide un comentarista que se lle adique un día das letras galegas a Andrés Dobarro e eu non poñería ningunha chata.
Na foto está Xela cun globo " melo ". Non atendeu muito ao festival que facía calor e estaba chouchiña.

4 comentarios:

  1. Que linda está a Xela. Que Deus a abençoe e proteja sempre.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. pois non che conto cómo está a crisis pola nosa comarca... a vindeira semana temos convocada folga xeral comarcal... a crisis do naval é moi forte... non hai contratos, non hai traballo.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. En fin! :(
    A nena está lindísima. :)

    ResponderEliminar
  4. míraa... parece unha floriña que saíra do chan...

    ResponderEliminar

És humano ti ?