En agosto hai que aproveitar os días como sexa. Anque sexa facendo caravana na Illa de Arousa.
Para evitar a caravana fomos ao porto de Xufre e comemos mexilóns para axudar ao clube de ximnasia. Había cachivaches da festa e Xela quería montar pero á hora da verdade non gastaba a ficha.
E nesta fin de semana quedou a familia por terras de Fisterra e agora quédame a min miralos en fotos. O meu móbil desapareceume pero á fin apareceu nun caixón do piso de alugueiro. Supoño que iso será a tecnoloxía intelixente: quedar de vacacións mentres o dono marcha para traballar.
A alternativa a caravana non foi mala.
ResponderEliminarO da tecnoloxía intelixente non sei si existirá, pero si así fora os aparellos deberían esconderse de cando en vez para darnos vacacións, porque mira que nos costa a nos apagalos.
Bicos
xa vexo que todos aproveitando o verán!
ResponderEliminarquedas moi ben coas crianzas (un máis) ;-)
xa levas un mociño grande e unha mociña pequena, os dous crecendo a pasos de xigante, da gusto vervos.
ResponderEliminarbiquiños e a seguir disfrutando do verán.