Páxinas

sábado, 10 de agosto de 2013

Cesantes


Comer ben, barato e algo salgado a máis. Recibir unha convidación para unha voda co arroz incluido. Refotar unha vella foto da Coca de Redondela mentres Leo e Xela quedaban abraiados mirando moedas entre as pedras da tasca. Bañarse e rebañarse nunha auga calma e quente. Pór coloradas as costas.
Todo isto pode ser e foi Cesantes.

3 comentarios:

  1. Calquera sitio pode ser un bo lugar para pasalo ben. Só depende de ter algo entretido que facer e, claro, unha boa compañía.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Que interesante esa foto! E continúa hoxe esa tradición...?

    Pois case estamos o mesmo día polo mesmo sitio :) non estiven nunca en redondela e pensei en ir a esa praia de Cesantes, ir á punta para gozar da vista da Illa de San Simón na ría...
    máis non topamos hotel que nos convencera (todo andaba cheo) e fomos cara Aldán. (quedei moi contenta, esa zona nunca me cansa)

    ResponderEliminar
  3. Que teñen esas fotos de antes que tanto nos prenden a mirada?.

    (Coidarse do sol, que quenta que nin diola!)

    ResponderEliminar

És humano ti ?