Páxinas

martes, 10 de setembro de 2013

Ichote


Dentro dunhas horas o Leo volve ao cole para empezar segundo de primaria cunha nova profesora. Seguro que vai aprender muitas cousas. Tal coma min, que sigo aprendendo e así aprendín a palabra ichote que, polo contexto, é unha parte da horta adicada a un produto diferente do que hai ao redor.
Na foto están ichotes con distintos tipos de nabizas.

3 comentarios:

  1. Aqui se costuma dizer "morrendo e aprendendo" o que quer dizer que estamos sempre aprendendo .
    Um abraço

    ResponderEliminar
  2. Certo, nunca se acaba de aprender. Ou non se debería.
    Interesante iso do ichote. Nunca o escoitara antes.
    Como tamén me pareceron moi interesantes os datos que me deches dos grilos. Grazas por eles.

    Un bico

    ResponderEliminar
  3. Cada vez gústanme máis os xardíns-horta!

    Seguro que os nenos, arestora, xa están máis que afeitos a ir á escola.
    Xa me irei enterando como lle senta á xoubiña...

    ResponderEliminar

És humano ti ?