Páxinas

domingo, 8 de setembro de 2013

Últimos coletazos


O verán está a dar os últimos coletazos. Hai amigos que volven ao seu domicilio habitual, Xela empeza coa adaptación á gardería onde foi o Leo e ao Leo poucos días lle quedan para empezar segundo de primaria.
Tivemos un cumpreanos a uns quilómetros de onde se fixo a foto e a anos luz co cambio de costumes e co cambio de xoguetes entre a foto e a actualidade.
Tamén onte descubrimos un paseo á beira do mar en Redondela grazas ao tempo algo ventoso na praia e gañei a aposta que onde hai máis de dúas casas xuntas hai un bar para " mollar o alento ".
E así imos rematando a tempada de calor.

6 comentarios:

  1. É amigo. O Verão está a chegar ao fim, eas crianças regressam à escola. A minha neta começa dia 16. Como só tem 4 anos continua na pré.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  2. Cando vos falades de que acaba o verán alégrome. Non porque vos quera mal, senón porque significa que aquí empeza a mellorar o tempo. E agradécese.

    En canto a aposta, sei de alomenos dúas aldeas en Ourense (as dos meus pais) que con algo máis de dúas casas non teñen bar. Claro que tampouco lles quedan moitos veciños para ir ó bar.

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. O tempo da calor vai pasando, pero pola'cedre ven mellor tempo, polo menos para algúns: Outono, matanzas, zarrotas... Así que aproveita e leva os nenos a vela! :)

    ResponderEliminar
  4. No do bar tes razón. Neso si que somos unha potencia mundial.

    ResponderEliminar
  5. A min non me desgusta que a calor vaia pasando. Ata agradezo a fresquiña que che obriga a poñer unha chaqueta. B comeza o choio e eu unha rutina agradable. Vannos pintar a casa por fóra e temos os andamios acabados de poñer. Xa farei fotos.

    ResponderEliminar
  6. "onde se fixo a foto" semella ser un lugar fermoso (os lugares fermosos son os que máis cambian, porque todos imos como abellas ás lindas flores)

    Este verán dura. Durou alomenos ate o outono! ;-)

    ResponderEliminar

És humano ti ?