Páxinas

martes, 1 de outubro de 2013

Luita de camiños



Din que todos os camiños van a Roma pero por estes lares o natural é que vaian a Santiago. O concello de Vilaguindastre quixo desviar o camiño dos peregrinos por un paseo fluvial pero os hostaleiros da zona perden posibles clientes e hai unha luita diaria de borra e enmenda de indicacións que non sei como vai rematar. Iso si, os peregrinos van a Santiago polas dúas opcións.


Mentres, no concello veciño, topei este " camiño da Segunda República " que está castigado sen empichar. A ver se non se organiza outra batalla para cambiarlle o nome por " camiño da monarquía ". Outra opción sería " camiño da Terceira República " pero sóame a ciencia ficción tal como están as cousas.

4 comentarios:

  1. Está claro que o camiño faise andando. Digan o que digan os letreiros.

    ResponderEliminar
  2. Púxenme ao día. Os rapaces están guapos guapos. E se vós non vos aburrides, mellor que mellor. :)

    ResponderEliminar
  3. Sí, os camiños fanse andando e as indicación a só son unha axuda, que afortunadamente polo de agora nin obrigan nin prohíben.
    E canto ás loitas de intereses teñen tendencia a facerse eternas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Todo iso do Camiño agora é un mercadeo.
    Mais eu sempre partidaria de seguir o camiño orixinal, o vello camiño mentres que as condicións do terreo e os cambios que se van producindo na paisaxe, o permitan.

    ResponderEliminar

És humano ti ?