Páxinas

martes, 29 de outubro de 2013

Sereas, dinosaurios e dentes


 
Esta fin de semana tocou manualidades. O Leo tiña que aprender uns versos sobre unha serea e debuxeille a serea nunhas imaxes para ver se lle era máis doado de aprender. A poesía gustoume pero descoñezo o autor.



Tamén había que preparar un calacú para o Samaín-Halloween que era mui importante e Leo quere gañar que lle dan unha bolsa de lambonadas ao gañador. Fixemos un dinosaurio pero creo que o ten mui difícil mirando como mirei o nivel deste ano.


Pero a gran noticia da fin de semana foi a caída do primeiro dente de Leo. Caiulle a noite do cambio de hora pero o ratiño Pérez non se enteirou e tivo  que poñelo debaixo da almofada o día seguinte. De premio recibiu dúas moedas. Agora o Leo quere que lle caian todos os dentes !.

3 comentarios:

  1. Coa primeira visita do ratiño Pérez éntralles o vicio e queren perder tódolos dentes dunha vez.
    Ben xeitosos quedaron o debuxo da serea e o dinosaurio. Alba é máis habilidosa ca min para debuxar e para as manualidades. Menos mal, porque a min dáseme demasiado mal.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. jaja é a única vez na vida que un quere que lle caian os dentes...!

    moitas noticias, estades moi entretidos cos nenos!

    (a min tamén me gustou o poema, non sei de quen é, mirei algo na rede, pero non teño tempo de pararme.
    Atopei as últimas dúas estrofas:


    Que nade, que nade
    a linda serea,
    que teza mil ondas
    en cada marea.


    Que teza mil ondas,
    que enfeixe cantares
    para os mariñeiros
    que sucan os mares.

    ResponderEliminar
  3. Zeltia: mui boa esculca. Mágoa que seguimos sen saber quen será o autor.

    ResponderEliminar

És humano ti ?