Páxinas

venres, 13 de decembro de 2013

Avanza decembro


...e os nenos están máis alterados. O Leo quere tres xogos e Xela quere un regalo lila pero que non sexa unha boneca. Xela di que se porta mal e que non vai ter regalo de Papanuel e, a verdade, non está tendo uns días bos porque apenas obedece e case nunca pide para facer pis. Para máis anda pachucha con tos.
E avanza decembro cos seus fríos e chuvias e mañá toca comida da empresa con repetición do ano pasado e non hai queixa que " non habendo pan, boas son as mighallas ".


5 comentarios:

  1. Si anda pachucha é normal que non teña ganas de obedecer. Cando un está así só quere mimos e que lle consintan todo, canto máis sendo pequerrecha.

    Ter comida da empresa é todo un privilexio nos tempos que corren.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Ás comidas de empresa pódese non ir, ou non?

    ResponderEliminar
  3. Avanza tanto decembro, que xa o temos doblado pola metade.
    Traeranos algo a nós MamáNoela?

    ResponderEliminar
  4. e tanto que avanza decembro, nunha semana morre o outono, veñen as festas, comeza outro ano...
    Non tes a sensación de que o tempo vai tan rápido que se escaralla?

    ResponderEliminar
  5. Estes días co das ceas de empresa andamos as voltas case todos. E que dure!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?