leoeosseus

Sunday, 30 June 2013

O Chapitel


 
Sempre acontecen sorpresas e así o Leo quedou a durmir nunha casa á beira da costa de Oia. A casa chámase " O Chapitel " e é un casón moderno con muitos cuartos, dúas cociñas, cuarto de xoguetes, terraza, xardín, grella, hamaca, bambán e piscina. Unha casa así aderezada da boa compaña de familia e amigos deu nunha tarde de sábado excelente, cun churrasco dos millores da miña vida e un solpor de película que me fixo lembrar unha lenda que escuitei hai ben anos.
Mandáronme recomendar esta casa de aluguer polo favor pero ía falar dela de tódolos xeitos: non todos os días vives coma un rico sen gastar un chavo !.
A foto é dende o cuarto dos xoguetes e mírase o faro do cabo Silleiro.

Labels:

Friday, 28 June 2013

Google no verán


Vilaguindastre está aturando estes días quentes como pode. Eu bebo zumes, " caguamas " ( cervexas grandes ) e dúchome antes de traballar. A familia vai á praia e o coche de Google maps actualiza os seus datos sobre Vilaguindastre.
A foto non é miña que non tiña a cámara a man cando me crucei co coche.

Labels: ,

Wednesday, 26 June 2013

San Xoan 2013


O sábado escuitei dicir a unhas mulleres de Cesantes " Se chove por san Adrián, chove en tódalas festas do verán ". Espero que estean erradas e, polo menos no san Xoán, si que non atinou o refrán.
Houbo lumes que non visitei pero sei que sardiña houbo pouca que estaba carísima e a xente non está para pagar de máis.
Pola zona de Arbo non hai costume de facer lumes pero si de " roubar " o que se pode. Antes eran carros, cancelas e macetas pero hoxe é o que se pode e así na praza de Barcela atopei algunhas cancelas, un triciclo de neno, un carretillo, unha escada, un chedeiro de carro, unha grade e dous espantallos.
Aínda queda a noite de san Pedro que tamén é noite " especial ".

Labels:

Monday, 24 June 2013

Segundo ano


Hoxe a xoubiña fai dous anos. Que podo contar ?. Que saiu mui espelida e feliz, que xoga con todo e a todo, que fala e conta cousas, que quere ter razón sempre e que é un lorito. Segue comendo baixo mínimos e sálvaa a teta que había de estar aviada se non. Está simpática coas súas frases e agora está con: "Punto y se acabó ", " Tú no, yo sí ", " caca de can ",etc.
Leva un moneco de Elmo pola casa adiante e trátao como a un bebé e dálle de comer: " Come, si ? ", séntao: " Senta, si? "e así todo o tempo. No aspecto físico dicir que lle gusta correr, saltar, subir a alturas e bailar. Entretense con todo e tanto pide tele como pinta todo ou quere un conto ou xogar con puzzles ou pezas de montar.
Pois nada, que temos traballo para un chisco ...e que non falte !.

Labels:

Thursday, 20 June 2013

Apalpando a crise


Onte notei máis que nunca a crise. Había pintadas e acampados diante dunha fábrica, pechou a penúltima sucursal de Novagaliciabanco en Vilaguindastre e a última estaba asediada por afectados das preferentes. Na rúa eu collía conversas polo aire de contratos fin de obra, de axuda familiar, de ESO necesario para traballar e de ERES, de baixón de pedidos, etc. Vaia, unha situación alarmante.
Así ata agradecín toparme cunha pobre chica que se pon de leria comigo de cando en vez e que desta volta me falou da súa novela de vinte páxinas titulada " El aullido del lobo " que lle mercou o anterior alcalde por vinte euros e que, seica, o malandro quere publicala no estranxeiro.
Triste está dicilo pero esta muller foi un claro no medio da tormenta que nos arrodea.

Labels:

Saturday, 15 June 2013

Mallorca

  
Mallorca é hospitalidade.
 
Tamén é orgullo " pagés ".
 
 

Vilas preciosas como Porto Colom.



Arte saíndo da relación entre lume e vidro.
 

 
 
En Mallorca non poden faltar cartaces simpáticos.
 
 
 
Na natureza mariña cambian os caramuxos e aparecen uns " trilobites " pequenos.
 
 
 
As xoaniñas son máis claras e os gatos teñen a cabeza máis afiada, con ollos e orellas grandes. 
 
 
Polos muros corrican " dragóns ".
 
 
Nos" talaiots " agáchanse as " paparras". 
 
 
Houbo que visitar unha cova e tocoulle á de Campanet cos seus monstros, reis Magos e outras figuras e historias de cabras extinguidas e insectos cegos e transparentes.
 
 
Mallorca ten praias grandes pero tamén calas case escondidas como a de Figueras que está no camiño marabilloso do faro do cabo Formentor.
 
 
Hai multitude de rotondas con diversas esculturas. Se atopas esta dos bailarins para no restaurante do lado. Poderás comer comida mallorquina mui boa e barata. 
 

Tamén hai un tranvía de Sóller a Porto Sóller que fai as delicias dos pequenos.
 
 
Outra rota que non debe obviarse é a que vai a Sa Calobra. Despóis dunha estrada longa chea de curvas hai que aparcar e seguir un paseo marítimo. Pronto cruzas dous túneis pequenos iluminados e con ventás ao mar. 
 
 
Cando saes do segundo quedas abraiado da paisaxe. 
 
 
Hai máis cousas como aspas nos pozos, a cantidade de cabalos que se ve, a paella que fan uns amigos, probar caracois, " sipi ", paspallás e disfrutar nun parque acuático, cruzarse con coellos e perdices.
 
 
Agora queda desexar volver noutra ocasión.

Labels:

Thursday, 6 June 2013

Polo aire


Hoxe toca riscar o ceo.
Ata a semana que vén !.

Labels:

Tuesday, 4 June 2013

O tren do festival


Nótase a crise por todas partes e na educación non había ser menos. Xa o ano pasado non fixeron o festival das letras galegas e este ano xuntaron o festival das Letras co de fin de curso e así houbo actuacións no cole de Leo de todos os tipos. Dende taekwondo a baile moderno, pasando por patinaxe, inglés, teatro e multideporte.
Este ano polo menos houbo máis galego ca o ano pasado e a Leo e compañeiros tocoulles facer unha coreografía da canción de Andrés Dobarro " O tren " que leva máis de corenta e tres anos circulando por aí, máis vella ca muitos pais deses nenos que a coreografiaron.
Nun comentario da canción pide un comentarista que se lle adique un día das letras galegas a Andrés Dobarro e eu non poñería ningunha chata.
Na foto está Xela cun globo " melo ". Non atendeu muito ao festival que facía calor e estaba chouchiña.

Labels:

Saturday, 1 June 2013

Vivindo


Despóis dunha tempada intensa de traballo e dunha desgraza dun compañeiro de choio que fixo aparecer o dito de " Hai dúas cousas difíciles de entender: que os curas vaian ao inferno e os médicos acaben por morrer"; chegan dúas semaniñas de vacacións para ver o mundo dende outra perspectiva.
É o que imos levar nesta vida !.

Labels: