leoeosseus

Friday, 30 August 2013

Dous incisos


Gústame a costa galega pero sempre hai algúns defectos.
En Camelle a casa de Man e o seu entorno desfaise ós poucos sen que ninguén faga nada.
Menos mal que quedan os bloques do peirao para que Leo salte dun a outro.

 

 
 
En Fisterra collemos un barco con vista submariña que resultou ser un fracaso. Só había dous caixóns para mirar debaixo do mar pero non se mirou nada. Loxicamente non se ían acercar os peixes ao barco en marcha pero as dúas paradas que fixo o barco non serviron de nada. Podían explicar algo por megafonía pero estaban coa música de Laura de Fisterra e logo pasaron a outra música atronadora e co disco raiado. Iamos acercarnos á illa Lobeira pero non estaba o tempo para iso así que fomos ata o cabo Fisterra e a praia de Langosteira. Deron de beber Kas de laranxa ou viño Arriero e de picar xoubas, mexilóns e empanada. Nada, que non valeu os doce euros que cobraron por adulto.

Labels:

Tuesday, 27 August 2013

Vixésimo sexto mes ( e máis tres días )


Aquí está a pequena xa hai algúns días. Non teño outra foto dela soa máis actual. É o que ten estar separados bastantes días !.
Ela segue o seu ritmo veloz de avance. Quere facer todo, subir a todas partes, probar a facer o que fan os demáis e pregunta. Iso si, o de comer lévao daquela maneira.
Está reafirmando o seu " eu " preguntando onde está ela e lembrándonos que está ela cando falamos de todos. É garimosa comigo e iso que lle pica a barba. Pregunta pola persoa do grupo que falta e se lle pasa algo a Leo pregúntalle que lle pasa. Cando chega alguén explícalle o que está a pasar co seu " Guai, guachi. Ese ".Tamén quere entrar nos xogos de Leo pero Leo as máis das veces está pechado nos seus xogos e poucas veces a deixa entrar. Iso si, cando xogan xuntos é unha revolución.
Só me queda mandarlle un bico longo de cento sesenta quilómetros para ela, Leo, Naideleo e avoaE que deberon de estar mirando pasar a volta ciclista.

Labels:

Monday, 19 August 2013

A trompicóns con agosto

 


En agosto hai que aproveitar os días como sexa. Anque sexa facendo caravana na Illa de Arousa.
Para evitar a caravana fomos ao porto de Xufre e comemos mexilóns para axudar ao clube de ximnasia. Había cachivaches da festa e Xela quería montar pero á hora da verdade non gastaba a ficha.

 




 
 
E nesta fin de semana quedou a familia por terras de Fisterra e agora quédame a min miralos en fotos. O meu móbil desapareceume pero á fin apareceu nun caixón do piso de aluguer. Supoño que iso será a tecnoloxía intelixente: quedar de vacacións mentres o dono marcha para traballar.

Labels:

Saturday, 10 August 2013

Cesantes


Comer ben, barato e algo salgado a máis. Recibir unha convidación para unha voda co arroz incluido. Refotar unha vella foto da Coca de Redondela mentres Leo e Xela quedaban abraiados mirando moedas entre as pedras da tasca. Bañarse e rebañarse nunha auga calma e quente. Pór coloradas as costas.
Todo isto pode ser e foi Cesantes.

Labels:

Poñéndome ao día


Pasa o tempo e non me poño no ordenador. Esta quincena estiven traballando de tarde así que adiquei as mañás a estar coa familia na casa ou paseando. Ás noites viña eu canso do traballo así que era cear e ir para a cama e pouco máis daba o día.
Xela segue na fase de aprender a controlar as súas necesidades e lévao asiasá; hai días  que pide e outros que mexa en calquera sitio para riso de Leo. Pero Xela sabe facerse querer e fainos rir cando o irmán prepara o almorzo para os dous anque ela pouco o toca. Vén Leo carrexando e Xela dille: " Si, señor. Leo. Campión. "

Labels: