leoeosseus

Sunday, 29 September 2013

De voda



Pois si, mentres uns chegan ás súas vodas de cristal outros anímanse a casar nestes tempos coa que está caíndo.
O sitio estivo mui ben e gustounos todo, tanto a comida coma o trato do persoal.

 



Houbo momentos especiais coma o baile dos noivos xunto cos amigos nunha coreografía que non deixou indiferente nin aos camareiros. Bueno, a algún si.
Tamén entrou un can despistado pola porta e fixo rir a máis dun.


O Leo e Xela tamén o pasaron ben coa música e cun inchable e xoguetes dunha animadora para os nenos. Aparte estiveron a lidar cos curmáns segundos daquí para alá. Outro detalle foi a mesa con lambonadas especialmente posta para os pequenos.



A xente estivo alegre e houbo que apartar zapatos de tacos para poder seguir a música.
En fin, que non houbo dúbida.

Labels:

Saturday, 28 September 2013

Sete anos ( e máis un día )


O nécoro hai tempo que deixou de selo para converterse no pirata que nos rouba o corazón.
Sete anos logo se di pero son muitos para vivilos e contalos e así agora este neno deixou de ser o bochechudo dos primeiros anos e pasou a ser un neno que malcome. No cole tamén anda algo disperso e a ver se o encarrila a profe deste curso. En canto a regalos recibiu xoguetes que lle gustaron ( exceptuando un minifutbolín ) e contos de Pupi. Tamén recibiu roupa que tirou polo aire pero que vai poñer, claro está.
Pasouno ben no Mundo Pirata e no día seguinte repartiu gominolas no cole. Bueno, acabaron nenos doutro curso asaltándoo e deixándoo sen elas.
E a seguir coa conta !.

Labels:

Tuesday, 24 September 2013

Vixésimo sétimo mes


Na foto está a nena que nos rouba o corazón e que pon a andar toda a xente da casa. Segue comendo a trancas e barrancas e é a teta da nai a que lle vale. No do pis no seu sitio lévao así así: hai veces que pide e outras que non e temos verdadeiras luitas para levala ao baño como para vestila ou desvestila. A caca xa o leva perfecto.
É unha nena inquieta que quere facer de todo e facerse notar co seu " Yo tou aquí ". Gústalle pegar pegatinas en contos, xogar con monecos, pintar e mirar a tele. Tamén salta e sobe a todo canto pode co seu " Yo sou lande ". Non vai mui contenta á guardería pero logo non hai quen a saque dalí que ten que percorrer todos os xoguetes e bicicletas no camiño de saída. Mañá será un día especial que lle toca comer alí por primeira vez e a ver que tal. Supoño que sairá contando todo: " Xela no chora. Xela xobou cos nenos. Xela é lande i comeu todo " ou algo así. Tamén ten toques bacilóns cando di cousas  no idioma inventado por ela  como " cacoi " e demáis palabras que di cando lle preguntas que quere facer.
Ten palabras simpáticas como " cogual " para igual, " búa " para lúa, " totorías " para tonterías, " papanete " para patinete e " cinque " no canto de quince e para ela unha estrela sempre será " tuinco " da canción " Twinkle, twinkle ". Confunde " bajar " con subir e " sacar " con " poñer ".
En fin, non nos aburrimos.

Labels:

Sunday, 22 September 2013

Festa, festa, festa !


 
Vilaguindastre está en festas e así pode rir Xela nos coches de choque pequenos cando vai con Leo. Tamén saltan nos inchables ou van en dragóns.
Proibido aburrirse !.

Labels:

Monday, 16 September 2013

Tesouros


O sábado houbo cumpreanos dun compañeiro de Leo e houbo unha busca dun tesouro. Ao primeiro o Leo non quería saber nada do conto pero despóis encantoulle. Tanto é así que o domingo tocou busca de tesouro en Arbo. Primeiro fíxenlle eu unhas pistas para seguir pero o tesouro non lle chistou que eran cartos. Logo tocoulle a Naideleo facerlle un percorrido e foi máis intelixente. Mandou cantar a Leo, debuxar e darlle un mangueirazo a unha alfombra e de premio recibiu todo un saltón.
E é que aos seis anos un saltón vale máis que todos os cartos do mundo !.

Labels:

Friday, 13 September 2013

Medos



Xela non é unha nena especialmente medenta pero cando algo non lle gusta remata por dicir " Teno medo " e acabouse.
Onte tiña medo do xigante de ferro que nadaba á beira do edificio da Xunta de Vigo e non se apeou da silla. Tamén hoxe tiña medo da gardería e incluso ten días que ten medo da comida !.
Supoño que tamén tería medo pero de verdade á Santa Compaña moderna que saiu a noite do 30 de agosto se a topa diante.
Agora ata a Santa Compaña se xunta usando a publicidade e as redes sociais !. Non che é como no tempo das Xans !.

Labels: ,

Tuesday, 10 September 2013

Ichote


Dentro dunhas horas o Leo volve ao cole para empezar segundo de primaria cunha nova profesora. Seguro que vai aprender muitas cousas. Tal coma min, que sigo aprendendo e así aprendín a palabra ichote que, polo contexto, é unha parte da horta adicada a un produto diferente do que hai ao redor.
Na foto están ichotes con distintos tipos de nabizas.

Labels:

Sunday, 8 September 2013

Últimos coletazos


O verán está a dar os últimos coletazos. Hai amigos que volven ao seu domicilio habitual, Xela empeza coa adaptación á gardería onde foi o Leo e ao Leo poucos días lle quedan para empezar segundo de primaria.
Tivemos un cumpreanos a uns quilómetros de onde se fixo a foto e a anos luz co cambio de costumes e co cambio de xoguetes entre a foto e a actualidade.
Tamén onte descubrimos un paseo á beira do mar en Redondela grazas ao tempo algo ventoso na praia e gañei a aposta que onde hai máis de dúas casas xuntas hai un bar para " mollar o alento ".
E así imos rematando a tempada de calor.

Labels: